48 finalistas nos certames literarios do Día das Letras Galegas de Verín |
|
|
|
Luns, 13 Maio 2019 12:32 |
En total, corenta e oito alumnos e alumnas de sete centros educativos da comarca de Verín son finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, iniciativas que promove o Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas. Os certames contan, un ano máis, coa colaboración de Gadis. Na Biblioteca Municipal, o día 15 de maio, terá lugar tamén unha actividade dedicada a Antonio Fraguas, a quen se lle dedica o día das Letras Galegas 2019. |
Ler máis...
|
Preto de 160 alumnos participaron nos cursos de cata da Uned no Museo de Verín |
|
|
|
Sábado, 11 Maio 2019 15:20 |
Hoxe rematou o séptimo curso oficial da UNED dedicado á cata é o mundo do viño en Verín, na que foi a primeira edición desta formación oficial no Museo do Claustro Mercedario da vila do Támega. Foron máis de 160 alumnos os que pasaron polas aulas formativas dende o pasado mes de setembro, en sesións dedicadas ó entorno enolóxico, o que anima a UNED e Concello a programar novos cursos para setembro. |
Ler máis...
|
Verín, protagonista na Feira de Abril 2019. |
|
|
|
Xoves, 09 Maio 2019 10:38 |
Verín é a protagonista na Feira de Abril de Sevilla que este ano se celebra no mes de maio. As rúas do recinto vestiron con luces, faroliños, carruaxes, cabalos e por suposto as súas fermosas mulleres con exclusivos traxes de flamenca desfilando polas rúas do recinto feiral enchéndoo de cor. Unha festa tradicional que atrae cada ano a miles de persoas de todo o mundo, moitos deles chegados desde Galicia. |
Ler máis...
|
O alcalde de Verín nega as "falsedades radicais" do voceiro do PP sobre o gasto municipal |
|
|
|
Mércores, 08 Maio 2019 19:02 |
O alcalde de Verín denuncia unha campaña de "mentiras sistemáticas" do líder do PP baseada nunha "radicalización das mentiras" sobre a situación económica do Concello, comezando pola nota de prensa difundida hoxe sobre a operación de tesourería habitual todos os anos. Seoane engade que son falsas todas as afirmacións de Jiménez, que o Concello de Verín ten unha liquidez cercana ós catro millóns de euros, e denuncia ameazas a funcionarios para que obstrúan os pagos. |
Ler máis...
|
Concerto didáctico do Conservatorio de Verín na Praza Maior |
|
|
|
Mércores, 08 Maio 2019 11:51 |
O sábado 11 de maio, ás 12:00 horas, profesores e alumnado do Conservatorio Elemental de Música de Verín ofrecerán un concerto didáctico na Praza Maior de Verín, enfocado a nenos entre 6 e 14 anos, acompañados de familiares ou adultos. Profesores, alumnos, o Grupo de Corda, Tecla e Vento e a Banda do Conservatorio de Verín, interpretarán temas populares, clásicos e infantís, e presentarán os instrumentos que ofrece o centro. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 Seguinte > Final >>
|
Páxina 242 de 1000 |