Abre ArtVerín, escaparate dos artistas locais |
|
|
|
Mércores, 25 Marzo 2009 12:12 |
A Casa do Escudo de Verín acolle até o día 11 de abril, sábado de Paixón, ArtVerín, exposición de artes plásticas organizada polo Concello de Verín na que participan vintecatro pintores, escultores e fotógrafos da nosa comarca. A exposición inaugúrase o xoves día 26 de marzo, ás 20.15 horas, nun acto no que se prevé a participación do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, membros dos grupos políticos municipais, persoas representativas dos sectores empresarial e asociativo da comarca e persoas vinculadas ao sector das artes plásticas.
|
Ler máis...
|
O proxecto da Eurocidade suscita interese académico e institucional: estudantes franceses da Universidade de Tours, acompañados por estudantes e profesores da Universidade do Porto, visitan a Eurocidade Chaves–Verín |
|
|
|
Mércores, 18 Marzo 2009 19:07 |
Un grupo de 15 alumnos do 5º ano de Planeamento do Territorio e Urbanismo do Instituto Politécnico de Tours (Francia), xunto con outros dous alumnos franceses do doutorado en cooperación transfronteiriza, e cinco estudantes portugueses de Enxeñería Civil da Universidade do Porto, visitaron a Eurocidade Chaves-Verín durante a semana pasada. A visita tivo lugar no ámbito dun traballo sobre cooperación territorial e cooperación transfronteiriza que os estudantes franceses están a desenvolver. |
Ler máis...
|
Mércores, 18 Marzo 2009 12:11 |
O día 29 de marzo, o recinto da Lonxa Agropecuaria de Verín acollerá unha exposición de cans de caza, nos seguintes horarios e categorías: -10,30 - 11,30 horas: caza menor. -11,20 - 12,30 horas: caza pluma. -12,20 - 13,30 horas: caza maior (xabarín).
|
Ler máis...
|
Flor Fernández Santamarina presenta 'Contos que non son contos' |
|
|
|
Venres, 13 Marzo 2009 11:29 |
Mañá, 14 de marzo, a partir das 19 horas, a artista verinense Flor Fernández presenta, na Casa da Cultura de Verín, a serie de relatos Contos que non son contos. Trátase de tres historias que prantexan dúbidas e xeneran respostas a través da mirada duns personaxes inventados.
|
Ler máis...
|
Concurso ‘Cigarrón de Verín’ |
|
|
|
Mércores, 11 Marzo 2009 12:19 |
No marco da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, os días 28 e 29 de marzo, realizarase a segunda edición do concurso Cigarrón de Verín, co fin de converterse nun referente gastronómico e relanzar os produtos e viños da comarca de Monterrei.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 931 932 933 934 935 936 937 938 939 940 Seguinte > Final >>
|
Páxina 940 de 968 |