O Concello de Verín presenta máis dunha vintena de propostas variadas para o Lázaro 2023 |
|
|
|
Venres, 17 Marzo 2023 12:21 |
O Concello de Verín presentou esta mañá o programa oficial de actividades para o Lázaro 2023, que terá lugar os días 25 e 26 de marzo. Este ano, o ente municipal celebra a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos. A programación oficial foi presentada esta mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín. Como en anteriores edicións presentamos este ano un concepto de “Lázaro Multicartel” no que a veciños e visitantes poderán desfrutar dunha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades, distribuídas por toda a vila, para todos os segmentos de público e todas as idades», salientou Manuel Lorenzo.
|
Ler máis...
|
|
Un total de once persoas participaron no taller intensivo de cabaret impartido na escola de teatro Kotodama |
|
|
|
Mércores, 15 Marzo 2023 11:54 |
A Escola de Teatro Kotodama vén de rematar un taller intensivo de cabaret, no que participaron un total de once persoas de todas as idades. O mesmo tivo lugar no Pavillón Municipal de Concello de Verín. Laura, unha bailarina de Adra (Almería), foi a profesora convidada por Santi Cañaveral (actor e director da escola) para impartir esta interesante formación de quince horas de duración. |
Ler máis...
|
Constituído o comité de seguimento para a xestión e ordenación común da Cunca Hidrográfica do Támega |
|
|
|
Martes, 14 Marzo 2023 17:00 |
Onte, 13 de marzo, tivo lugar unha reunión na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT, na que representantes do municipio de Chaves, do Concello de Verín, da Axencia Portuguesa de Ambiente e da Confederación Hidrográfica do Douro constituíron o Comité de Seguimento para a xestión e ordenación común da cunca hidrográfica do Támega. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 745 |