Ordenanza sobre o civismo reguladora do uso e limpeza da vía pública e protección da paisaxe urbanística |
|
|
|
Venres, 19 Decembro 2008 17:20 |
No próximo pleno do 29 de decembro, o Concello de Verín debaterá unha Ordenanza sobre o civismo reguladora do uso e limpeza da vía pública e protección da paisaxe urbanística; unha ferramenta para establecer unhas normas básicas de comportamento nas vías e demais espazos públicos, que permitan a liberdade das persoas dentro do respecto ao patrimonio urbano e natural da cidade e o coidado do entorno. Ao longo da ordenanza regúlanse aspectos como: denominación e rotulación das vías públicas, dereitos e deberes dos habitantes, comportamento cívico, limpeza na vía pública, limpeza exterior de inmobles e publicidade, tenencia de animais, espectáculos e establecementos públicos, e réxime sancionador. |
Exposición 'Beléns e Arte Sacra' |
|
|
|
Mércores, 17 Decembro 2008 14:10 |
Desde o 18 de decembro ao 15 de xaneiro, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición 'Beléns e Arte Sacra', de Virginia Estorninho (1944, Souropires-Portugal). Trípticos, belenes, imagenes da Última Cea, os arcanxos Miguel e Gabriel, A nosa Señora e o Neno, todas elas en madeira, son algunhas das pezas figurativas e representativas que recolle a mostra.
|
Ler máis...
|
|
Inauguración da adecuación do parque infantil e paseo na praza Carmen Estévez |
|
|
|
Venres, 12 Decembro 2008 13:16 |
A directora xeral de Administración Local, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, inauguraron esta mañá o parque infantil e paseo na praza Carmen Estévez, tras as obras de adecuación e remodelación realizadas no mesmo -zonas verdes, colocación de pedra no paseo central, mobiliario urbano e zona infantil-.
|
Ler máis...
|
Presentación ‘Apagón Analóxico’ |
|
|
|
Martes, 09 Decembro 2008 15:51 |
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá, a partir das 20 horas, a presentación ‘Apagón Analóxico’, a cargo de Retegal SA, e na que participarán o director do Departamento de Comunicacións e Relacións Externas da CRTVG, Pastor Lorenzo Sola, o director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel Fernández Iglesias, ou o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entre outros. Nesta presentación abordaranse cuestións como a transición cara á Televisión Dixital Terrestre (TDT) ou o cesamento das emisións analóxicas en Galicia, que na zona da comarca de Verín producirase o próximo 30 de xuño de 2009. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 781 782 783 784 785 786 787 788 789 790 Seguinte > Final >>
|
Páxina 786 de 800 |