Un río de tapas … por Verín |
|
|
|
Xoves, 31 Xullo 2008 17:27 |
Desde o día 8 ata o 17 de agosto, a vila ourensana de Verín acollerá a primeira edición da ruta gastronómica “Un río de tapas”. En devandita ruta, organizada polo Concello de Verín en colaboración con Aecom e a D.O. Monterrei, participan un total de 20 establecementos da localidade que ofertarán unha ou dúas tapas propias, maridadas con viño da D.O. Monterrei, por un prezo de 2,5 euros.
|
Ler máis...
|
|
O 3º Festival Internacional da Palabra programa 12 actos en catro días |
|
|
|
Martes, 29 Xullo 2008 12:21 |
Unha ducia de actuacións para os públicos máis diversos, coa palabra como motivo vertebrador, desenvolveranse en Verín, entre xoves día 31 de xullo e o domingo día 3 de agosto, na 3ª edición do Festival Internacional da Palabra. A actuación da compañía barcelonesa Teatre Arca e un concerto-homenaxe ao músico popular Manuel Rodríguez “Manoliño” destacan nunha programación que se clausurará a última hora do domingo día 3 co recital-presentación do libro A vida nova de Madame Bovary do autor verinense Xosé Carlos Caneiro. |
Ler máis...
|
Firma dun convenio co BBVA para a obtención de microcréditos |
|
|
|
Martes, 29 Xullo 2008 12:14 |
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director da sucursal BBVA en Verín, Carlos Vales, asinaron un convenio de colaboración para a obtención de liñas de financiamento específicas, enmarcado dentro do Plan Director Municipal de Incentivo ao Emprendedor, que ten como fin: incorporar ás novas xeracións ao mundo empresarial, rexeneración socioeconómica, fixación da poboación e necesidade de desenvolvemento da actividade económica -ligada aos recursos endógenos para a súa posta en valor e aproveitamento-.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 781 782 783 784 785 786 787 788 Seguinte > Final >>
|
Páxina 784 de 788 |