Presentación da nova tarxeta de La Caixa coa imaxe do Cigarrón |
|
|
|
Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:17 |
 O alcalde e a tenente de alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán e María del Carmen Pardo, respectivamente, e o director da sucursal La Caixa na localidade, José Luis Francisco, presentaron esta mañá unha nova tarxeta bancaria coa imaxe do cigarrón, figura emblemática do Entroido de Verín e o simbólico Castelo de Monterrei. Esta iniciativa, proposta dende a entidade municipal, ten como obxectivo promocionar a imaxe do noso personaxe máis representativo do Entroido de Verín, así como, tamén a oferta complementaria da zona, representada a través do Castelo de Monterrei e outros actractivos turísticos da localidade. Non nos cabe dúbida de que, ademais, esta actuación favorecerá a actividade comercial da entidade, e así o esperamos, xa que a maioría dos verinenses, tanto os residentes aquí como no exterior, estarán encantados de levar na súa carteira a imaxe do cigarrón. |
|
Inauguración da área pública fronte ao campo de fútbol de Verín |
|
|
|
Venres, 16 Xaneiro 2009 19:21 |
Esta tarde, ás 20 horas, o presidente da Deputación Provincial, Xosé Luis Baltar Pumar, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, inaugurarán a segunda fase das obras de reforma da área pública situada fronte ao estadio José Arjiz de Verín, cuxo custo ascendeu a un total de 140.829, 29 euros. Devandita área está conformada por un parque público, unha pista de baloncesto, un espazo para os maiores que inclúe aparellos de rehabilitación e unha zona de xogos para os/as nenos/as.
|
Ler máis...
|
Proxectos presentados ao Fondo de Inversión Local para o Emprego |
|
|
|
Venres, 16 Xaneiro 2009 19:18 |
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, compareceu en rolda de prensa co fin de anunciar os proxectos presentados ao Fondo de Inversión Local para o Emprego, xa amosados con anterioridade aos portavoces dos restantes grupos políticos de Verín. Devanditos proxectos son: |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 781 782 783 784 785 786 787 788 789 790 Seguinte > Final >>
|
Páxina 783 de 800 |