O presidente da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, compareceron esta mañá en rolda de prensa para presentar a Asociación Ruta do Viño Monterrei, conformada por representantes do sector público, enolóxico, agroalimentario, turístico e de ocio da comarca de Verín.
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín emitirá por videoconferencia o ‘Curso básico de edición dixital de audio’, o xoves 17 de decembro, entre ás 16 e 20 horas.
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza o 14 de decembro, ás 11.30 horas, unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as do Colexio Rural Agrupado Monterrei.
Reforma, ampliación e instalación de placas solares na Piscina Climatizada de Verín
Venres, 04 Decembro 2009 13:43
A Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración co Concello de Verín, executará as obras de reforma e ampliación da Piscina Climatizada de Verín, cuxo orzamento ascende ao medio millón de euros.