Martes, 23 Febreiro 2010 10:07 |
O próximo sábado 27 de febreiro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Contos do Vento’, enmarcada dentro da programación de actividades destinada ao fomento da lectura.
|
Ler máis...
|
Luns, 22 Febreiro 2010 15:05 |
A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido 2010. Durante o acto tivo lugar un xantar nun restaurante da vila, o reparto das placas conmemorativas para premiar a participación de comparsas e carrozas, e a entrega dos seguintes galardóns -por parte de Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Festexos, e os membros da Comisión-: - Cigarrón de Honra: Modesto Meno Nieto - Mención Especial: Elena Rodríguez Guedes “A Raíña do Entroido” - A mellor comparsa: Monicreques - A mellor carroza: Los Chipirones - O “Pescadilla”: Emilio Boo Vaz - Fidelidade: José Manuel García Noriega
|
Luns, 08 Febreiro 2010 14:13 |
Que con motivo das festas do entroido e durante o transcurso das mesmas, os días 11, 12, 13, 14, 15 e 16 de Febreiro do 2010, vaise pechar o tráfico rodado ao casco antigo da vila e tamén as rúas Alameda, Muralla e Praza Alameda, coa finalidade de garantir a seguridade peonil e o bó desenvolvemento das festas, con tal motivo queda prohibido o estacionamento e a circulación en ditas rúas, agás, excepcionalmente, os residentes para gardar os seus automóbiles. Solicítase a colaboración dos veciños, para que non deixen os seus vehículos estacionados nas referidas rúas, nembargantes, o sábado pola mañá, o luns e o martes, en horario de 08,00 a 14,00, permitiráse a entrada de vehículos para o reparte. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 741 742 743 744 745 746 747 748 749 750 Seguinte > Final >>
|
Páxina 743 de 800 |