Subvencións para a mellora dos establecementos comerciais
Mércores, 23 Xuño 2010 11:32
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións para a mellora da competitividade do comercio galego, a través de actuacións encamiñadas á adecuación física das instalacións e locais comerciais, a mellora da súa imaxe comercial, e medidas para potenciar a creación, implantación e expansión das cadeas sucursalistas, e do comercio retallista do téxtil, calzado e xoiarías, nos conxuntos históricos de vilas e cidades.
Subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego
Martes, 15 Xuño 2010 11:18
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións para fomentar a adecuada dotación comercial no medio rural (oferta de produtos de primeira necesidade e servizo de hostalería), así como promover a modernización dos establecementos situados en zonas rurais e a adhesión ao selo de Comercio Rural Galego. A mesma está destinada a núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados en concellos de máis de 5.000 habitantes, con ou sen planeamento muncipal vixente.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín promove a iniciativa ‘O meu mundo en inglés’, unha serie de actividades encamiñadas a iniciar, dende unha perspectiva lúdica, unha aproximación á lingua inglesa.