‘Comunidad’, seleccionado como anteproxecto do Centro das Artes Municipal de Verín
Venres, 28 Xaneiro 2011 13:59
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, anunciou esta mañá o proxecto seleccionado como anteproxecto do Centro das Artes Municipal de Verín, que recaeu na obra ‘Comunidad’, do estudio madrileño de Sixto Martín Aparicio.
Convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Verín para a segunda fase do reacondicionamento do Camiño Real
Venres, 28 Xaneiro 2011 13:59
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, a través da súa Secretaría Xeral para o Turismo, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, asinaron un convenio para efectuar a segunda fase de reacondicionamento do Camiño Real que une a localidade de Verín co castelo de Monterrei.
Os coros e o conxunto instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín actuarán o sábado día 29 de xaneiro, ás 19 horas, na Casa da Cultura no Concerto-Recitado pola Paz organizado con motivo do Día Escolar da Paz e da Non Violencia e da Semana de Castelao.
Ludonadal repite o seu éxito de participación na terceira edición
Mércores, 26 Xaneiro 2011 10:37
Un total de 149 nenos/as participaron na ludoteca de ‘Ludonadal’, organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), destinada a incentivar o comercio local durante o Nadal.
A conselleira de Traballo e Benestar entrega os diplomas ao alumnado do Obradoiro de Emprego Baronceli
Martes, 25 Xaneiro 2011 18:00
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato Otero, acudiu esta mañá a Verín para visitar as áreas rehabilitadas polos/as alumnos/as do Obradoiro de Emprego Baronceli, e entregarlles os diplomas de devandito obradoiro, realizado durante o ano 2010.