|
O Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Avatar: El sentido del agua” e "El gato con botas, el último deseo” |
|
|
|
Xoves, 12 Xaneiro 2023 13:26 |
Durante os días 13, 14 e 15 de xaneiro o Cinema Municipal de Verín acolle as proxeccións das películas "Avatar: El sentido del agua” e "El gato con botas, el último deseo” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases: |
Ler máis...
|
Mércores, 04 Xaneiro 2023 15:32 |
Mañá, a partir das 18:00 horas, as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello, onde terá lugar unha recepción na que as súas maxestades entregarán un presente e onde os menores poderán depositar as súas cartas no buzón real.
Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as rúas do centro de Verín, partindo do barrio de San Lázaro e pasando pola avenida Luís Espada, rúa Deputación, rúa dos Remedios, Avenida de Cabreiroá, Rúa Constitución e avenida de Portugal; para chegar a praza do Concello, onde terá lugar a recepción oficial.
Xa na praza do Concello, os nenos e nenas que así o desexen poderán saudar as súas maxestades de oriente e deixar as súas cartas. A seguridade estará garantida en todo momento grazas ao traballo da Protección Civil e Policía Local. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 8 de 745 |