Encontro literario con Xosé Carlos Caneiro en Verín
Venres, 20 Maio 2011 13:34
O vindeiro mércores 25 de maio, entre as 20 e 22 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá un encontro literario co autor verinense Xosé Carlos Caneiro Pérez.
A estrada de Laza contará con pasos de peóns sobreelevados
Venres, 20 Maio 2011 13:32
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández de Rojas, remitiulle unha carta ao Concello de Verín na que se especifica que na estrada de Laza do municipio 'se executarán aqueles pasos de peóns sobreelevados que sexan precisos desde o punto de vista técnico e de seguridade viaria co máxima urxencia posible'.
Finalistas do ‘Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez’ e do ‘Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez’ na edición de 2011
Luns, 16 Maio 2011 11:28
A Casa da Cultura de Verín acolleu, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a entrega dos premios do 'Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez' e do 'Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez'. En total, foron finalistas 68 relatos curtos e poemas escritos por alumnos/as dos CEIPs de Castrelo do Val, de Oímbra e Amaro Refojo de Verín, os colexios María Inmaculada e Apostólico Mercedario, e os IES Castro de Baronceli, García Barbón e Xesús Taboada Chivite
Gala Músico-Literaria das Letras Galegas na Casa da Cultura
Venres, 13 Maio 2011 11:55
Mañá sábado, ás 12 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas. No acto actuará o Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín e leranse os traballos gañadores das catro modalidades nas que se organizan o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.
Manualidades e contacontos, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do CEIP O Castiñeiro de Laza
Martes, 10 Maio 2011 14:45
Mañá 11 de maio, os/as nenos/as do CEIP O Castiñeiro de Laza asistirán a sesións de manualidades e contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Verín.