O Concello de Verín xunto co Club BTT Verín organiza a XIII Marcha Val de Monterrei
Venres, 12 Maio 2023 10:51
O Concello de Verín e o Club BTT Verín veñen de presentar a XIII Marcha Val de Monterrei, que terá lugar o domingo día 21 de Maio do 2023. Este evento non competitivo, de velocidade libre, conta con dous percorridos de 45 Km. (dificultad media) e 65 Km. (dificultade alta), percorrendo os montes dos concellos de Verín, Monterrei, Cualedro e Laza.
"Vibra Verín” volve coa súa segunda edición: 3 días de música e percusión na vila do Támega
Xoves, 11 Maio 2023 13:02
Esta mañá tivo lugar a presentación oficial da segunda edición do Festival de Percusión Vibra Verín, no Auditorio Municipal de Verín. Serán tres días nos que, ademais de actuacións abertas ao público, o alumnado dos CMUS participantes reunirase para actuar, asistir a obradoiros e concertos, e coñecer a outros percusionistas de renome. Devandito evento está organizado polo Conservatorio Profesional de Música do Concello de Verín e a Anpa deste centro formativo.
O Concello de Verín presenta a programación das actividades do Día das Letras Galegas en Verín
Mércores, 10 Maio 2023 11:57
O Concello de Verín presentou esta mañá a programación de actividades que se desenvolverán en Verín para celebrar o Día das Letras Galegas. Diego Lourenzo Moura, en representación do área de Cultura, confirmou as actividades que terán lugar entre o 12 e o 19 de maio.
Verín celebra o Día da Xuventude en Galicia cunha xornada de actividades educativas e de ocio
Martes, 09 Maio 2023 10:58
O vindeiro sábado 13 de maio, Verín celebrará e porá en valor o Día da Xuventude cun evento que terá lugar na Praza García Barbón (no caso de inclemencias meteorolóxicas será no Pavillón Municipal de Deportes), de 16 a 21 horas, e contará coa actuación musical da verinesa Victoria Pérez Gascón, ás 20:30 horas. Trátase dunha iniciativa que incluirá unha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás súas familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral.
56 finalistas nos certames literarios das letras galegas
Luns, 08 Maio 2023 11:06
Trinta narracións presentáronse á fase final do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e vinte e seis poemas á do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, organizados polo Concello de Verín e Supermercados GADIS con motivo do Día das Letras Galegas.