Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano 2023
Luns, 22 Maio 2023 10:54
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín informa que hoxe ábrese o prazo de inscrición para a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano 2023, dúas actividades destinadas a menores de 3 a 15 anos que buscan cubrir o tempo vacacional da cativada con propostas lúdicas e educativas.
Un instituto e dous colexios fanse cos primeiros premios dos certames literarios
Xoves, 18 Maio 2023 13:54
Os primeiros premios dos certames Xosé Carlos Caneiro Pérez (poesía) e Antonio Fernández Pérez (relato curto), organizados polo Concello de Verín e Supermercados GADIS con motivo do Día das Letras Galegas, foron este ano para alumnado do IES Castro de Baronceli, Colexio Plurilingüe María Inmaculada e CEIP Amaro Refojo. Cada un destes centros levouse dous primeiros premios.
BANDO | LIMPEZA OBRIGATORIA DE BIOMASA NOS NÚCLEOS RURAIS
Xoves, 18 Maio 2023 11:30
De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia o CONCELLO DE VERÍN lembra ás e ós titulares das parcelas situadas menos de 50 METROS dos lindes dos núcleos rurais e/ou vivendas illadas, deste municipio, que deben MANTELAS LIMPAS DE BIOMASA, para contribuír a unha adecuada protección contra o lume forestal.
Gemma Chapela e Francisco Vilaboa inaguraron o palmarés da proba organizada en Verín polo Bicicletas Chinquena
Martes, 16 Maio 2023 12:53
A segunda xornada da Copa Galicia de Descenso 2023 supuxo unha estrea no calendario autonómico. Na localidade ourensá de Verín, o Bicicletas Chinquena Racing Team organizou a primeira edición do DH Cabreiroá, unha proba que expandiu o flow do certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego e que tivo como riders máis rápidos ao elite Francisco Vilaboa (Singletrack) e á líder elite Gemma Chapela (VK Bikes). Tres camisolas da xeral pertencen a novos propietarios.
De Bélxica a Verín: Ialma canta a Rosalía nestas Letras Galegas
Luns, 15 Maio 2023 16:24
O grupo de pandeireteiras belgas fillas de emigrantes galegos realizan nestas Letras Galegas unha xira moi especial polo país. Estarán en Galicia dende o 13 ao 17 de maio, sendo unha das súas paradas Verín.