Contos da Primavera |
Luns, 14 Marzo 2011 12:43 |
O venres 18 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos da Primavera’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos, manualidades e un gran mural coa temática da natureza. Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall |