Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil” na Biblioteca de Verín
‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil” na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Febreiro 2011 12:54

O vindeiro venres 4 de marzo, de 17 a 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza un obradoiro de ‘Contos de Entroido e Maquillaxe Infantil’, enmarcado dentro do ciclo de actividades lúdico-culturais programadas para o Entroido 2011 e destinado a fomentar o interese pola lectura entre os/as nenos/as do municipio.

Globoflexia, contacontos, maquillaxe infantil, cancións ou manualidades como decoración de caretas serán algunhas das actuacións previstas e destinadas para 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e realizadas por voluntarios/as da Biblioteca e persoal da mesma.

Para participar nas mesmas é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776, e indicar si os/as nenos/as posúen algún problema dermatolóxico que lle impida participar no obradoiro de maquillaxe infantil –recomendando traer os produtos de casa- .

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>