Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Xacobe Pérez e Moisés Morales, pregoeiros do Xoves de Comadres en Verín
Xacobe Pérez e Moisés Morales, pregoeiros do Xoves de Comadres en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Febreiro 2011 11:07

O día 3 de marzo, Xoves de Comadres, os máis distinguidos personaxes e autoridades do panorama nacional acercaranse a pregoar a cita festiva máis importante de Verín, farano en voz de Xacobe Pérez e Moisés Morales, membros do programa radiofónico e agora televisivo “Corre Carmela que Chove” de V Televisión.

Como adianto do pregón que os actores radiofónicos presentarán en Verín, adiántannos que personaxes do calado talles como Pepe Bono, Presidente do Congreso dos Deputados, o famoso presentador José Luís Quintero ‘El loco de la Colina’, a namorada Cayetana de Alba e ata o rei Don Juan Carlos, non se perderán o arranque do Entroido en Verín o próximo Xoves de Comadres.

Do pregón destacar que versará sobre o amor e o a “voz cantante” levaraa a namorada e prometida duquesa de Alba, que declamará os últimos poemas que lle escribiu o seu prometido Alfonso Díez. Igualmente, Pepe Bono falará dos seus amores e método de reposición capilar e haberá sorpresa desde o Palacio Real.

Como colofón do pregón, actuará outro dos que fose membro do equipo radiofónico de “Corre Carmela que Chove”, o cantante multidisciplinar e semifinalista do programa ¡Ti se que vales! de Telecinco, José Parga Eiroa ‘O Parga’, que interpretará dous dos seus temas de maior tirada ‘O baile do Tío Pío’ e ‘O canto do Jallo’.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>