Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Entroido de Verín protagonista nas I Xornadas Culturais, Gastronómicas e Artesanas de Fagama
O Entroido de Verín protagonista nas I Xornadas Culturais, Gastronómicas e Artesanas de Fagama PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 23 Febreiro 2011 12:53

Do 1 ao 6 de marzo, la empresa Gourmet La Toja SLU organiza as I Xornadas Culturais, Gastronómicas e Artesanas da Federación de Asociacións Galegas na Comunidade de Madrid (Fagama), onde será protagonista o Entroido de Verín, coincidindo as datas da súa realización coas da festa máis tradicional e participativa do municipio.

Durante a celebración destas xornadas, que terán lugar nunha carpa situada no parque da Vaguada en Madrid, non só se exalta a cociña galega senón tamén se programan actividades culturais e mostras de artesanía destinadas promocionar e divulgar o patrimonio de Galicia, coa colaboración con entidades galegas como Turgalicia o Casa de Galicia en Madrid, entre outros.

No interior desta carpa, haberá diversa publicidade promocional da cultura, turismo e patrimonio do noso territorio e  amosaranse proxeccións audiovisuais e fotográficas, que permitirán aos/as visitantes interactuar co noso Entroido e fundirse co incomparable ambiente da festa popular, a través das nosas máscaras, do colorido dos disfraces e das nosas costumes, e como non contando coa presenza da nosa gastronomía entroideira, cunha mostra da Torta do Cigarrón.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>