Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Campionato Galego de Kickboxing en Verín
Campionato Galego de Kickboxing en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Febreiro 2011 13:06

O sábado 26 de febreiro, o Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá o Campionato Galego de Kickboxing 2011, organizado pola Delegación Galega Oficial de Kickboxing, Deporte Galego, Consejo Superior de Deportes, Concello de Verín, Deputación de Ourense, Fundación Cipri Gomes, Centro Deportivo Arco, Cabreiroá, Hortoverin S.L., Ruta do Viño Monterrei, Aever e Centro Comercial Aberto.


Esta actividade, clasificatoria para o Campionato de España Oficial da Federación Española de Kickboxing, disputarase a partir das 22 horas nas categorías maiores de 17 anos-absoluta, en homes e mulleres,  e nas probas de Fullcontact e Low-Kick.

Durante a mañá desa xornada terá lugar a recepción de entidades deportivas e pesaxe oficial, e xa ás 21.30 horas, reunión de árbitros, xuíces, persoal federativo e de organización. Media hora máis tarde, e ata ás 23.30 horas, realizaranse as finais en todas as probas, categorías e pesos. E a partir das 23.30 horas, entrega de trofeos e medallas aos participantes.

Os/As competidores deben estar en posesión da licencia 2011 cursada por un club afiliado o re afiliado a Federación Galega de Kickboxing e disciplinas asociadas. Cada competidor/a será responsable de ser apto para un deporte de combate e levar ao campionato a súa licencia, DNI e deberá ter condición de cidadán de Galicia. Todos os combates serán individuais masculino e feminino por separado, con pesos e idades segundo os regulamentos.

As eliminatorias previas para este campionato terán lugar mañá 19 de febreiro, a partir das 16.30 horas, na sede social da F.G. Kickboxing en Ourense.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>