Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Apertura da inscrición para cursos de galego
Apertura da inscrición para cursos de galego PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Xaneiro 2011 14:31

Até o día 24 de febreiro, o Concello de Verín abre un período de inscrición para os cursos que forman para se presentar ás probas dos CELGA (certificados de lingua galega). A convocatoria para o 2011 é única: non se convocarán máis cursos até o 2012.

A inscrición nos cursos de formación para as probas dos CELGA é gratuíta. Os interesados soamente deberán cubrir un formulario de solicitude. A duración de cada un dos cursos é de 75 horas teórico-prácticas.

Os cursos capacitan para se presentar ao exame do CELGA, en cada un dos catro niveis aos que se pode acceder mediante probas. Aos que as superan, entrégaselle unha certificación oficial que acredita o nivel formativo. O certificado é válido para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de documentar currículos.  

Devanditos cursos están promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por procederen de outras comunidades autónomas ou por non remataren a formación de lingua galega a nivel de bacharelato. No caso de ter estudado galego con anterioridade, os interesados terán que ir previamente ao último centro no que se formaron e pedir que lle expidan o CELGA que lle corresponde, para despois  integrarse neste programa de formación compensatoria. Se nunca estudaron galego, recoméndase que antes de se inscribir reflexionen sobre o nivel que teñen de coñecemento oral e escrito do idioma.

Os cursos seguen as normas ortográficas e morfolóxicas aprobadas pola Real Academia Galega. Os currículos formativos dos catro niveis dos certificados de lingua galega aos que se accede mediante probas están publicados no Diario Oficial de Galicia.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>