Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Programa Emega
Programa Emega PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Xaneiro 2011 10:31

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:

- Subvención para o apoio ao emprendemento feminino (Programa Emega).


Esta orde ten por obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública para o ano 2011, das axudas e subvencións establecidas pola Secretaría Xeral da Igualdade, para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres, a través das seguintes áreas de actuación:

-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres.

-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres.

As beneficiarias destas axudas poderán ser:

- Mulleres que creen o seu propio posto de traballo (partindo dunha situación de desemprego por un período mínimo de tres meses, anterior ao día primeiro do mes de inicio da actividade, establecéndose como empresarias autónomas ou sociedades unipersoais), que constitúan microempresas ou pequenas empresas, o inicio da actividade empresarial teña lugar entre 1 de setembro de 2009 e o 19 de febreiro de 2011, que realicen un investimento mínimo de 6.000 euros e non recibisen con anterioridade axuda dos programas Emega para a creación de empresas.

- Empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas que cumpran os seguintes requisitos: acreditación o cumprimento das condicións sobre o capital social e a administración da empresa, actividade empresarial ininterrompida entre 2 e 5 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, que non recibisen con anterioridade axudas dos programas Emega, realización dun investimento mínimo de 6.000 euros, presentación dun proxecto de mellora empresarial que supoña a creación dun posto de traballo para unha muller; e que se materialice o proxecto a través de: tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos ou mellora dos xa existentes, aplicación de novas fórmulas de produción e/ou distribución, diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade e reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e/ou servizos innovadores ou de especial singularidade.


O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 19 de febreiro de 2011.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>