Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Proceso de selección de adxudicatarios de vivendas situadas no casco histórico de Verín
Proceso de selección de adxudicatarios de vivendas situadas no casco histórico de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 Xaneiro 2011 11:19

O vindeiro 18 de febreiro terá lugar o sorteo, na área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo, de adxudicación de tres vivendas de promoción pública cualificada situadas na rúa Costa 10-12 (Barrio de San Lázaro) de Verín.

Os solicitantes para acceder ás mesmas deben ser persoas mozas (menores de 35 anos), con ingresos familiares ponderados no ano 2009 de entre 1 e 2,5 veces  (7.381,33 € - 18.453,33 €), o Indicador Público de Renda e Efectos Múltiples (IPREM) desde ano e estar inscritas no Rexistro de Demandantes da Comunidade Autónoma na data final do 5 de febreiro. Para inscribirse neste rexistro, na modalidade de vivenda de promoción pública cualificada en barrio histórico para o Concello de Verín, é preciso presentar a solicitude xunto coa seguinte documentación (tendo en conta as circunstancias de cada persona):

- Personais: DNI de todos os integrantes da unidade familiar ou convivencial, libro de familia, certificado do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, sentenza de separación ou divorcio co convenio regulador correspondente no que figura a adxudicación da vivenda, certificado de mobilidade reducida, certificación de incapacidade.

- Económicas (ingresos obtidos no ano 2009): autorización de datos telemáticos asinado por todos os membros da unidade familiar ou convivencial, de no ter presentado a declaración do IRPF (2009) presentar a declaración responsable de todos os ingresos obtidos cos xustificantes relativos a súa percepeción, e de non percibir ingresos no estranxeiro entregar a constancia da súa procedencia mediante testimonio autenticado e traducido pola delegación consular de España.

- Patrimonio: Declaración responsable de que ningún membro da unidade familiar foi propietario dunha vivenda de promoción pública e non dispón de vivenda principal ou secundaria, asinado por todos os membros da unidade familiar ou convivencial. Ademais, do informe do rexistro da propiedade sobre as titularidades de bens inmobles a nome de calquera dos membros da unidade familiar ou convivencial e autorización para solicitar por vía telemática as certificacións do catastro.

- Residencia ou traballo: certificado municipal de estar de alta no padrón o solicitante ou calquera dos membros da unidade familiar ou convivencial e de non estar empadroados, deben presentar o certificado da empresa correspondente na que conste que o interesado ten o seu posto de traballo no municipo ou, para o caso de traballadores autónomos, copia da licenza fiscal ou alta no Imposto de Actividades Económicas do concello.

Ata o momento só se presentaron dúas persoas para estas tres vivendas, rehabilitadas pola Consellería de Vivenda e Solo, e o Instituto Galego de Vivenda e Solo. As características destas vivendas son as seguintes: baixo (de 52,71 m2 útiles, de 1 dormitorio e unha renda mensual orientativa de 122 euros), primeira planta e baixo cuberta (de 98,63 m2 útiles, de 3 dormitorios e unha renda mensual orientativa de 223 euros) e primeira planta e baixo cuberta (de 71,17 m2 útiles, de 2 dormitorios e unha renda mensual orientativa de 163 euros).


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>