Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Charla informativa do Plan Maior de Seguridade en Tamaguelos
Charla informativa do Plan Maior de Seguridade en Tamaguelos PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Xaneiro 2011 09:16

O Centro Social de Tamaguelos acollerá o vindeiro venres 14 de xaneiro, ás 16 horas, unha charla informativa sobre o ‘Plan Maior de Seguridade’ dirixido ás persoas maiores, coidadoras e veciños/as desta localidade.

Unha charla preventiva e informativa, ofertada por persoal experto da Guardia Civil, que ten por obxectivo abordar e previr as ameazas á seguridade que sofren os maiores como colectivo vulnerable -roubos, furtos, estafas, timos ou os malos tratos, entre outros-; así como fomentar a confianza das persoas maiores nos corpos de seguridade, e perfeccionar a resposta policial ante un colectivo moi amplo e en progresión ascendente.
O Concello de Verín colabora con este programa específico, ‘Plan Maior de Seguridade’, deseñado polo Ministerio do Interior e destinado a protexer ás persoas maiores dos delitos dos que son ou poden ser vítimas.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>