Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Misturas’ e ‘Bolboretas, avelaiñas e outros insectos do Val de Monterrei’ na Casa do Escudo
‘Misturas’ e ‘Bolboretas, avelaiñas e outros insectos do Val de Monterrei’ na Casa do Escudo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Xaneiro 2011 13:00

A Casa do Escudo acolle, do 12 ao 29 de xaneiro de 2011, as exposicións ‘Misturas’ e ‘Bolboretas, avelaiñas e outros insectos do Val de Monterrei’ de Carmen Burgos.

A primeira delas, que leva o nome de ‘Misturas’ de Karma Gösbur -o seudónimo da autora- recolle unha trintena de obras en pintura, escultura e cerámica que amosan unha retrospectiva  da labor artística desta autora, na súa primeira mostra en solitario. Mentres que a segunda, ‘Bolboretas, avelaíñas e outros insectos do Val de Monterrei’, está conformada por dous centenares de bolboretas diúrnas, avelaíñas -bolboretas nocturnas- e insectos recollidas na comarca de Monterrei. Neste caso trátase dunha exposición privada de entomoloxía da artista na que tamén se inclúen cadros de flores secas para complementar a mesma.

María del Carmen Burgos é profesora de Filosofía no IES Xesús Taboada Chivite, foi alumna na especialidade de Cerámica na Escola de Artes e Oficios de Verín e formou parte do grupo Artimaña, no que tamén se atopaban Antonio Santamaría, Xosé Rivada, Celso Gómez ou Manuela Sánchez, entre outros.

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>