Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Exposición ‘Elemental Querida Salander’
Exposición ‘Elemental Querida Salander’ PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Xaneiro 2011 14:42

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, organiza a exposición: ‘Elemental Querida Salander’. ‘A novela negra sueca dende Maj Sjöwall e Per Walhöö a Stieg Larsson e Henning Mankell’, desde o 12 ao 31 de xaneiro.

Devandita exposición, que se inaugurará o mércores 12 de xaneiro, ás 19 horas, complementa a reunión do Club de Lectura, realizada ese mesmo día e que, ademais de iniciar os encontros do 2011, levará a debate a novela negra sueca. Está conformada por distintos plotters coas portadas das obras máis significativas, biografías do/as autores/as máis puxantes, información xenérica de Suecia e un percorrido polos lugares onde se desenvolven todas as tramas.

A mesma conta con material diverso, cedido pola propia Embaixada de Suecia, que formou parte da caseta da Feira do Libro de Madrid no ano 2009, e estivo adicada a Literatura Escandinava. Así mesmo, tamén colaboraron as distintas editoriais nacionais que editan estas obras no noso país, como Maeva ou Tusquets, o escritor Martínez Lainez, cun artigo do porque do éxito en España, ou a propia escritora sueca Camilla Lackberg -autora de Hijas del Frío ou Crimen en Directo-, que dun xeito excepcional respondeu en total primicia a unha serie de preguntas realizadas por persoal da instalación municipal.

A exposición pódese visitar de luns a venres das 10 ás 13.30 horas e das 16 ás 20.30 horas -no mesmo horario de apertura ao público da Biblioteca Municipal de Verín-.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>