Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Inicia a súa andaina a IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
Inicia a súa andaina a IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Outubro 2010 10:26

A IX edición da Bienal de pintura do Eixo Atlântico iniciou a súa andaina o pasado un de outubro. Nesta novena edición poderán concorrer todos os artistas naturais ou residentes en Galicia ou o Norte de Portugal.

Trátase dun acontecemento artístico de primeira magnitude xaque, ademais de promocionar aos artistas da eurorrexión, se consolida como unha das tres mellores exposicións itinerantes de pintura da Península Ibérica. Na última edición concorreron cerca de 300 obras, das que foron elixidas unha treintena que formaron a VIII Bienal, que conclúe o vindeiro mes de novembro.

Hai que destacar que esta exposición cumpre nove edicións, cun cadencia de entre un e dous anos de exposición itinerante, e dicir un periplo de 15 anos de historia do Eixo Atlántico, sendo unha das primeiras iniciativas da entidade transfronteiriza. Ademais, constitúese como a única exposición en Europa de carácter itinerante y que se desenvolve en dous países.

O Obxectivo da Bienal de Pintura é o impulso á creatividade dos artistas e á creación valor engadido no patrimonio artístico da eurorrexión.

As bases
Segundo as bases, cada autor poderá concursar só cunha obra de pintura, orixinal e inédita e que non fose exposta, nin presentada con anterioridade a ningún outro certame ou concurso.

Tanto o tema como a técnica a utilizar serán de libre elección. As dimensións das obras non serán inferiores a 65 cm. no seu lado menor nin superiores a 120 x 120 cm.  Os autores que desexen participar formalizarán unha Inscrición a través da páxina web do Eixo Atlántico, www.eixoatlantico.com dende o 1 de outubro ao 30 de novembro de 2010.

Selección e premios
Unha vez pechada a recepción de obras, o Xurado, formado por oito membros, seleccionará as obras finalistas nun número máximo de 30 que constituirán unha colección itinerante para as sucesivas exposicións que, durante dous anos terán lugar nas cidades asociadas de Galicia e da Rexión Norte de Portugal.

O fallo do xurado e a entrega de premios terá lugar o día da inauguración da exposición, no primeiro trimestre do ano 2011. Concederase un premio “Eixo Atlántico” á mellor obra do certame, cun valor de 3.000 euros e dous segundos premios de 1.500 euros cada un, á mellor obra de autor portugués e a mellor obra de autor galego respectivamente. Igualmente concederase o premio “Jovens Talentos Luso – Galaicos” para novos artistas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos, inclusive, cun valor de 1.500 euros.

Ademais, editarase un catálogo de tirada limitada con todas as obras seleccionadas que ademais poderá ser descargado na páxina web do Eixo Atlántico. A Bienal de pintura do Eixo Atlántico é desenvolvida pola colaboración entre o Eixo Atlántico, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia, Caixanova, a Fundação da Juventude, e o Instituto Português da Juventude.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>