Presentación da Axenda Cultural Común Chaves-Verín |
Martes, 08 Xullo 2008 13:29 |
A Biblioteca Municipal de Chaves, acolleu a presentación da Axenda Cultural Común da Eurocidade Chaves-Verín. No acto ao que asistiron os alcaldes de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez Morán e João Batista, respectivamente, deuse a coñecer esta publicación, de tirada mensual, que difundirá conxuntamente as actividades culturais dos Concellos de Chaves e Verín. En palabras dos dous alcaldes, a Axenda Cultural Común “marca un feito significativo na formación da Eurocidade, complementando as accións conxuntas que se realizan desde fai case un ano”, e que nos vindeiros meses se incrementarán tras a presentación da Axenda Estratéxica -plano de acción que marcará as futuras liñas de actuación para a Eurocidade-. Por outra banda, procedeuse ao asinamento por parte dos dous representantes municipais dun protocolo de colaboración polo cal se ofrecerán as mesmas condicións de uso de certos servizos municipais para os eurocidadáns, sexan de Chaves ou de Verín. Así, mentras os cidadáns de Chaves poderán disfrutar dos usos das piscinas e outras instalacións deportivas de Verín, os verinenses contarán cos mesmos descontos nas Termas cos habitantes de Chaves -chegando a ser de ata un 60% para estancias prolongadas-.
|