Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Retorno, de Mané Boán
Retorno, de Mané Boán PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Agosto 2010 12:50

Ata o 30 de agosto a Casa do Escudo de Verín acollerá a exposición titulada Retorno de Mané Boán.

A mostra recolle trinta e unha obras realizadas nos últimos vinte e cinco anos. Dos primeiros anos son acrílicos sobre papel e acuarela, e cunha temática dedicada á natureza, e as realizadas entre 1997 e 2008 están elaboradas cunha técnica mixta consistente en oxidacións químicas e acrílico sobre cobre, nas que predomina o abstracto para finalizar cunha figuración personalizada.

Mané Boán foi profesora do Instituto Nacional de Bacharelato Mixto de Verín (hoxe IES Xesús Taboada Chivite) nos catro primeiros anos lectivos do centro. Trinta anos máis tarde, a que foi profesora de Química en Verín, regresa como pintora; volve co aval de exposicións en prestixiosas salas europeas, americanas e asiáticas, e premios significativos no seu haber. Desde hai quince anos, en 1995 conseguiu o segundo premio de Acuarela no Certame de Pintura en directo Plaza de Aluche, en Madrid, a traxectoria pictórica de Mané Boán está marcada por importantes recoñecementos: primeiro premio de pintura no Certame ”Primavera“ de AIMA Madrid,1996; segundo premio no ”Certamen de Artes Plásticas Nuevas Tendencias”,  Brunete, Madrid, 2003; diploma da Academia Internazionale d’Arte Moderna, Roma, e finalista no “Premio Web Color”, Bérgamo, Italia, 2005; entre outros.

Quince exposicións individuais, trinta colectivas e oito feiras de arte serviron para que, na década dos noventa e na primeira do novo milenio, a obra de Mané Boán percorrese a xeografía galega e se presentase en cidades tan diversas como Nova York, Roma, Tokio, Miami; Madrid ou Barcelona.

A mesma permanecerá aberta ao público nos seguintes horarios de visita de luns a xoves, de 10 a 15 e de 16.30 a 21.30 horas, venres e sábado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas, e domingos de 12 a 15 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>