ADXUDICACIÓN DEFINITIVA EXPLOTACIÓN BAR PISCINAS VERÁN (TEMPADA 2008) |
Luns, 30 Xuño 2008 12:37 |
Logo de ter lugar a contratación para adxudicar o servizo que despois se referenciará, mediante procedemento negociado sen publicidade o alcalde, por Decreto de data 25.6.2008, acordou: Visto que con data 27.05.2008 dictouse Providencia desta Alcaldía expondo a necesidade de realizar unha serie de actuacións nas piscinas municipais, como son a explotación do bar, o mantemento e limpeza da zona exterior e a colaboración dun socorrista. Visto que con data 27.05.2008 aprobouse inicar o expediente para a contratación referenciada motivando a necesidade e idoneidade da contratación proposta, redactándose e aprobando os correspondetes pregos que han de rexer a adxudicación do contrato. Logo de ter lugar a contratación para adxudicar o citado servizo, mediante procedemento negociado sen publicidade e, consonte coa acta que contén as actuacións que realizou a Mesa de contratación, así como a súa proposta, declarouse válida a licitación e adxudicouse provisionalmente o seguinte: SERVIZO: explotación do bar das piscinas municipais de verán e servizos complementarios, tempada de 2008 ADXUDICATARIA: Dolores Hervella Navarro DOMICILIO: Edif. San Martiño, 4-ático I . Vilela (Verín) CANON: 600 euros GARANTÍA DEFINITIVA: 100,00 euros Visto que con data 04.06.2008, a adxudicación provisional notificouse a todos os candidatos e publicouse no Perfil de Contrtante do órgano de contrtación. Visto que a adxudicación provisional notificouse ao adxudicatario requiríndolle para que presentara a documentación xustificativa de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social e constituíse a garantía definitiva. Visto que con data o adxudicatario constituíu garantía definitiva por importe de 100,00 euros e presentou os documentos xustificativos esixidos. Examinada a documentación que a acompaña, e de conformidade co establecido no artigo 135.4 e na Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. PRIMEIRO. Elevar a definitiva a adxudicación provisional do contrato de EXPLOTACIÓN BAR PISCINAS DE VERÁN TEMPADA 2008 aprobada por Decreto de Alcaldía de data 03.06.2008 e publicada no Perfil de Contratante con data 04.06.2008. SEGUNDO. Dispoñer o gasto con cargo á partida correspondente do orzamento vixente de gastos. TERCEIRO. Notificar a adxudicación definitiva aos candidatos que non resultaron adxudicatarios. CUARTO. Notificar a Dolores Hervella Navarro, adxudicataria do contrato, a presente Resolución e citarlle para a sinatura do contrato no prazo máximo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva. QUINTO. Publicar a adxudicación definitiva do contrato no Perfil de contratante. O que comunico para os efectos oportunos. O alcalde Juan Manuel Jiménez Morán |