Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Axudas para implantación e mellora de empresas de turismo activo
Axudas para implantación e mellora de empresas de turismo activo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Maio 2010 11:49

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de Subvencións destinadas a incentivar a implantación e mellora das empresas de turismo activo, aventura, actividades de lecer e tempo libre.

A finalidade é financiar os seguintes investimentos: mellora de campos de golf, para actividades hípicas, náuticas, activos fixos e aquelas outras actividades recreativas que supoñan oferta turística complementaria no medio rural. Así como, os destinados a implantación e renovación de sistemas de calidade nos establecementos turísticos e de enerxías renovables ou mellora da sustentabilidade de devanditos establecementos.

As entidades beneficiarias poderán ser empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto da subvención. Será requisito imprescindible para a concesión destas subvencións que a empresa solicitante teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia a actividade turística para a cal se solicita a axuda.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 26 de xuño de 2010.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono  988-410000.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>