Día das Letras Galegas en Verín |
Venres, 14 Maio 2010 10:59 |
O Concello de Verín celebrará o Día das Letras Galegas cunha Gala Músico-Literaria na Casa da Cultura, o próximo 17 de maio a partir das 19 horas. Nese acto vanse entregar os premios do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, nos que participaron colexiais dos seguintes centros da comarca de Verín: CEIP de Oímbra, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario, IES Castro de Baronceli e IES Xesús Taboada Chivite. O Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín presentará na Gala diversas harmonizacións de música popular para as características específicas desta formación, de autores como José Orbal ou o cubano Ernesto Lecuona. |