Día Mundial do Libro |
Luns, 19 Abril 2010 11:44 |
O venres 23 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Día Mundial do Libro’, enmarcada dentro do programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca. Manualidades e contacontos serán algunhas das actuacións programadas para esta actividade, destinada a vinte nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e realizadas por voluntarios e persoal da Biblioteca Pública Municipal. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. |