Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Abre ArtVerín con obras de 20 artistas comarcais
Abre ArtVerín con obras de 20 artistas comarcais PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Marzo 2010 13:07

A Casa do Escudo de Verín acolle por segundo ano consecutivo ArtVerín, exposición de artes plásticas na que participan vinte artistas da nosa comarca. A mostra ábrese oficialmente o xoves día 18,  para clausurarse o día 3 de abril, sábado de Paixón. No acto inaugural, que comezará ás 20.15 horas, está prevista a participación do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e entre os convidados figuran os alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, os membros dos grupos políticos municipais verinenses, as persoas representativas dos sectores empresarial e asociativo, e as vinculadas directamente ás artes plásticas na comarca.

ArtVerín é unha exposición organizada polo Concello de Verín que ten como obxectivo divulgar as creacións dos artistas comarcais desde o ámbito local. Para iso, considerouse que as datas comprendidas entre o Lázaro e a Semana Santa poderían ser propicias para esta iniciativa, ao facilitar a participación do público comarcal en días de lecer, de veciños, que aproveitan as datas vacacionais para regresar temporalmente, e de persoas que puntualmente nos visitan neste período.

Pinturas, esculturas, cerámicas, fotografías e instalacións compoñen a trintena de obras que se exhiben. A vintena de artistas participantes está composta por Alvárias, Andrea, Anxos Borjas, Beni Lorenzo, Beny Salgado, Carlos López Serrano, Flor Fernández, Isabel Delgado, Julio Pousada, Koro Miravete, Leonardo, Maribel Trujillo, Marilar Salgado, Marisa Pardo, M. Fornos, Pedro Araujo, Rosa, Silvia Pousada,  Toño Santamarina e Víctor Rodríguez. Cada autor presenta unha ou dúas obras, representativas da súa creación actual e seleccionadas polo propio artista.

A diversidade de estilos, técnicas, materiais e soportes que caracterizan á arte actual está reflectida na forma e nos materiais cos que os artistas tratan temáticas diversas. Aínda que en ArtVerín predomina globalmente a paisaxe e a figuración e unha concepción máis tradicional do quefacer artístico. Óleos, acrílicos e acuarelas, sobre lenzo, papel ou aglomerado, forman parte da variedade de materiais e soportes utilizados polos pintores. En escultura, podemos encontrar desde terratocotas a traballos realizados con madeira, metal, pedra e materiais industriais, como o vidro ou o silextone. Os fotógrafos preséntannos obras en branco e negro ou a cor. Instalacións e cerámicas, serven para facernos reflectir sobre a amplitude do feito artístico. Porque o mundo da arte acolle na actualidade desde traballos que a tradición consideraba exclusivamente utilitarios, caso da cerámica, a creacións efémeras que, baixo a denominación xenérica de instalacións, tratan de situarnos nas marxes do propio feito artístico.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>