Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mellora do servizo de recollida de cartón nos establecementos comerciais
Mellora do servizo de recollida de cartón nos establecementos comerciais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Marzo 2010 14:12

O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, reuniuse cos responsables da empresa concesionaria do lixo co fin de xestionar un novo servizo de recollida do cartón nos establecementos comerciais da localidade.

Esta medida adoptouse tras comprobar as dificultades que teñen os pequenos e medianos comercios á hora de depositar os cartóns nos colectores subterráneos instalados en Verín, debido ao seu grande tamaño. Por este motivo, e co fin de evitar que estes residuos se acumulen nos colectores incorrectos, desde ambas entidades decidiuse establecer un novo servizo de recollida porta a porta, todos os mércores entre ás 19 e 21 horas, para todos os locais comerciais interesados en participar nel.

Para formar parte desta iniciativa é necesario inscribirse na oficina de Información do Concello de Verín, facilitando o nome e dirección do comercio, ou chamar ao teléfono 988-410000/01.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>