“Homero Maradal”, cartel gañador do Entroido 2010 |
Venres, 15 Xaneiro 2010 12:39 |
Un ano máis, o Concello de Verín promoveu o concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, que contou coa participación cidadá no proceso de selección. En devandito proceso participaron un total de 239 veciños/as que, previa presentación do DNI, puideron escoller tres dos vinte e dous carteis. Unha vez concluidos o período de votación, desde o 5 ao 17 de decembro, aos tres carteis que recibiron máis votos outorgáronselles seis puntos ao primeiro, catro ao segundo máis votado e dous ao terceiro, obtendo o seguinte resultado: - 4 PUNTOS: CARTEL Nº 15 (“O ENCANTO DO ENTROIDO”), que obtivo un total de 384 votos. - 2 PUNTOS: CARTEL Nº 5 (“RAÍCES”), que obtivo un total de 382 votos. Posteriormente, o xurado cualificador composto por Manuela Sánchez -pintora-, María del Pilar Salgado -profesora de Pintura da Escola de Artes e Oficios- e Olalla Diéguez Boo -gañadora do concurso na pasada edición- someteu aos tres carteis anteriores a unha segunda elección, outorgándolles as seguintes puntuacións: - 4 PUNTOS: CARTEL Nº 5 (“RAÍCES”) - 3 PUNTOS: CARTEL Nº 3 (“HOMERO MARADAL”) - 2 PUNTOS: CARTEL Nº 15 (“O ENCANTO DO ENTROIDO”) Sumando os puntos do Xurado Popular e do Xurado Cualificador obtivéronse as seguintes cualificacións: - CARTEL Nº 3 (“HOMERO MARADAL”): 9 PUNTOS - CARTEL Nº 5 (“RAÍCES”): 6 PUNTOS - CARTEL Nº 15 (“O ENCANTO DO ENTROIDO”): 6 PUNTOS Polo tanto, O CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO ENTROIDO 2010 É: CARTEL Nº 3 (“HOMERO MARADAL”), DE CARLOS FOLGOSO SUEIRO. |