Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV enche Verín de cinema, música, gastronomía e artes gráficas entre o 29 de agosto e o 7 de setembro
O FIC Vía XIV enche Verín de cinema, música, gastronomía e artes gráficas entre o 29 de agosto e o 7 de setembro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Agosto 2024 16:14

O festival presentou esta mañá a programación completa nunha rolda de prensa na que participaron Samanta Barreira, concelleira de Cultura,Turismo, Festexos e Conservatorio; Marcos Vázquez, director de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense; e Carlos Montero, director do FIC Vía XIV. O festival bota a andar este xoves coa participación de 26 filmes, de más de 10 nacionalidades diferentes, e cunha completa axenda con máis dunha vintena de actividades paralelas concibidas para todos os públicos. A presentación inaugural e benvida a toda veciñanza, terá lugar na Praza García Barbón ás 22:15h.

«Nesta novena edición contamos con moitas novidades que reforzan os eixos nos que se basea o FIC Vía XIV: potenciar o talento local, converter a Verín no epicentro cultural da contorna e situar a vila do Támega no mapa, amosando ao mundo a nosa idiosincrasia e os valores que nos definen como sociedade», así narraba Carlos Montero, director do festival, o que é para eles esta novena edición. Salientan tamén a versatilidade da programación deste ano. Durante o tempo que dura o festival, realizaranse actividades que van moito máis alá do cinema: dende un concurso de pintura ata unha experiencia gastronómica multisensorial, pasando por concertos, podcasts e gravación dunha curtametraxe documental ou unha exposición fotográfica.

Durante a rolda, salientaron a participación de grandes nomes no FIC Vía XIV 2024 como o de Xosé Antonio Touriñán que, ademais da súa faceta de cómico, tamén amosará a de director e guionista coa proxección da súa primeira curtametraxe Nena, ou a da cociñeira Begoña Vázquez, que liderará unha experiencia gastronómica multisensorial xunto coa Denominación de Orixe, Rubén Riós que presenta un work in progress do seu último traballo Vivas ou o guionista Manuel Cortes, que será o encargado de por o broche final na gala de entrega de premios.

Dentro das actividades paralelas, tamén salientan a participación de dous festivais de cinema de prestixio nesta edición: o Entre Curtas de Chaves e a Mostra Intencional de Cinema Etnográfico de Santiago de Compostela (MICE), que proxectarán varias curtas durante o FIC Vía XIV coa finalidade de tecer lazos a través do audiovisual a un e outro lado da Raia. Ademais, e dándolle peso ás iniciativas locais, o FIC Vía XIV estreará o documental oriXes: Dez anos de Nova Era, un percorrido pola banda de gaitas que revolucionou o panorama cultural da vila; e presentará o Espazo Nosferatum, unha homenaxe ao antigo cineclube da vila.

Ademáis, tamén resaltaron a variedade das curtas, seleccionadas para o concurso oficial nesta edición, tanto pola súa temática como procedencia. O festival proxectará un total de 26 pezas que proveñen de Galicia, Portugal, España e outros países como Chipre, Palestina ou Taiwán. Unha vez máis, o FIC pon o foco na valorización do talento local  coa creación do espazo Cinema da casa, que alberga pezas audiovisuais creadas na contorna de Verín e que entrarán no concurso oficial.

Os bonos para o festival teñen un custo de 25€ e poden conseguirse no Auditorio Municipal ou chamando ao teléfono 638 077 782. Un xurado profesional composto por Severiano Casal del Rey, O Festival Entre Curtas e Nora Sola decidirá as curtas gañadoras e os premios entregaranse nunha gala final o día 7 de setembro, dirixida e presentada e guionizada por Manuel Cortés. Como novidade contaremos cun xurado novo, co obxetivo de achegar o festival ao público e contribuír a xerar o seu pensamento crítico.

O impacto do FIC Vía XIV na comunidade de Verín 

Samanta Barreira salientou a importancia do FIC Vía XIV na creación de sinerxías entre os distintos axentes económicos, culturais e sociais da vila. O festival non só enriquece a programación cultural de Verín, senón que tamén fortalece os lazos comunitarios, establecendo unha colaboración fluída e continua coa administración local, o tecido empresarias e hostaleiro e a veciñanza.

Neste sentido, este ano, o premio do público foi elaborado pola xoiería local Pato Joyeros, «nunha mostra máis da integración  e posta en valor do noso talento local no festival». Ademais, renderase unha sentida homenaxe ao cineasta verinense Plácido Romero. «Plácido non só exerceu como profesor de historia, senón que tamén se destacou como un fervente guardián da nosa memoria colectiva. Os seus documentais foron testemuñas do seu compromiso por mostrarnos que a historia é o fío condutor entre o noso pasado e o noso futuro, deixando un legado de traballos que nos invita a lembrar a nosa identidade e as nosas orixes», explicou a concelleira de Cultura verinesa.

O Director de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, transmitiu que para a Deputación de Ourense é unha satisfacción poder colaborar “cun evento que xa é un referente cultural na nosa provincia, que potencia a todo o sector audiovisual, que reforza á Provincia de Ourense como terra de cinema, e que ademais non so promove a arte e a cultura, senón que tamén reforza os lazos da nosa comunidade e os lazos con culturas diferentes, así como pon en valor ao tecido social e empresarial de Verín”. Expresa o seu máis profundo agradecemento a todos os que fan posible esta edición: aos organizadores, aos colaboradores, ao público que ano tras ano os acompaña, e por suposto, aos artistas e creadores que presentan as súas obras.

Agradecemento ás entidades patrocinadoras e colaboradoras

Carlos Montero quixo agradecer ás diferentes entidades organizadoras, patrocinadoras e colaboradoras do FIC o apoio prestado para levar a cabo esta XI edición do certame, un total de 26. En especial, Montero referiuse ao apoio institucional prestado dende o Concello de Verín á iniciativa como unha proba da "firme aposta do municipio por manter vivo un foro xa consolidado plenamente na axenda anual de ocio e lecer da vila" e tamén puxo en valor o respaldo da Deputación Provincial de Ourense ao certame. 

Montero lembrou que as curtas que se proxectarán dentro das diferentes categorías especiais a concurso poderán visionarse no Auditorio de Verín entre o luns 2 e o venres 7 de setembro. Finalmente, durante unha gala especial, dixirida e presentada por Manuel Cortés na xornada do sábado 7, clausurase o foro coa entrega de premios aos mellores traballos.

O programa completo do certame, cos horarios das diferentes sesións e actividades paralelas, así como con información dos seus emprazamentos, pode consultarse na web ficviaxiv.com.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>