Humanización da contorna do Centro Social de Vilamaior no Concello de Verín |
Xoves, 22 Agosto 2024 12:04 |
O Concello de Verín avanza no seu compromiso coa mellora dos espazos públicos e coa calidade de vida da súa cidadanía a través do proxecto de humanización da contorna do Centro Social de Vilamaior. Esta iniciativa incluíu diferentes intervencións que abarcaron a mellora da cuberta do edificio, a instalación de cantería, a creación de novas cimentacións, e a integración dunha estrutura cuberta acorde coa paisaxe local. As actuacións, que se levaron a cabo arredor do Centro Social de Vilamaior, buscan transformar este espazo nun ambiente máis accesible, seguro e esteticamente agradable para os veciños e veciñas de Vilamaior. Esta acción enmarcase na convocatoria 2023-2024 do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, impulsada pola medida Leader. O orzamento total ascende a 20.824,20 euros, dos cales 10.412,10 euros serán financiados a través da subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). As intervencións inclúen tamén a mellora das infraestruturas de acceso, a creación de espazos verdes, a instalación de mobiliario urbano e a renovación das áreas de circulación peonil. Todo isto co obxectivo de crear un espazo de convivencia adaptado ás necesidades dos veciños e veciñas de Vilamaior, promovendo un entorno máis saudable e agradable para toda a comunidade. Con esta iniciativa, o Concello de Verín reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible e a mellora dos espazos públicos, contribuíndo así ao benestar social e á cohesión comunitaria en Vilamaior. |