Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV recupera o antigo cineclube de Verín co espazo ‘Nosferatu’
O FIC Vía XIV recupera o antigo cineclube de Verín co espazo ‘Nosferatu’ PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Agosto 2024 12:30

O FIC Vía XIV de Verín proxectará, en colaboración co histórico Cineclub Nosferatu, dous filmes fundamentais para  a hisitoria do cinema universal: Alcanzaron o transbordador (Carl Theodor Dreyer, 1948) e Arrière-saison (Dimitri  Kirsanoff, 1950). Será o sábado, 7 de setembro, ás 18.00h na Casa da Cultura de Verín.

A vila de Verín foi, dende hai décadas, un berce creativo para profesionais e amadores do sétimo arte. Moito antes  do nacemento do FIC Vïa XIV, algunhas emblemáticas salas da vila acollían proxeccións e debates promovidos  dende os diferentes cineclubes locais. Na edición anterior do FIC Vía XIV, a cineasta local Sabela Souto, da man  das propias veciñas que viviran aqueles tempos, organizou unha actividade na que se destacou a importancia  que os distintos cineclubs tiveron ao longo dos anos para a formación da cultura cinéfila local.

Nesta edición, o FIC Vía XIV quere poñer o foco nunha daquelas históricas propostas, a do Cineclube Nosferatu,  dirixido por Daniel Dapía e Manuel Ayán, que destacaba pola singularidade e ambición da súa proposta. Da man  destes dous persoeiros referentes para a vila, o festival inaugura un novo espazo entre as súas actividades  paralelas; que abre as súas portas cunha primeira sesión na cal se proxectarán dúas curtametraxes  fundamentais da historia do cinema: Alcanzaron o transbordador (Carl Theodor Dreyer, 1948) e Arrière-saison  (Dimitri Kirsanoff, 1950), xunto a unha presentación crítica dos mesmos e un coloquio final aberto á participación  do público.

“Con esta nova actividade, queremos reivindicar a importancia que teñen os espazos como os cineclubes para  fomentar o pensamento crítico dos espectadores. Desde o FIC sempre buscamos crear un lugar onde o cine non  só se vexa, senón que tamén se reflexione e se debata, permitindo que o público se involucre activamente nos  temas que estas obras suscitan. O novo espazao Nosferatu será unha oportunidade única para reavivar o diálogo  e a análise crítica, elementos esenciais que fan do cine un poderoso motor de cambio na nosa sociedade.”,  salientou Carlos Montero, director do certame.

A través desta actividade, a equipa do FIC Vía XIV quere poñer en valor o traballo de todas as persoas que, ao  longo dos tempos, puxeron o seu gran de area para convertir a Verín no que é agora: o gran punto de encontro da  cinema da contorna. Dende o Festival convidan a todos a veciñanza a acudir a esta actividade na que, ademais  de poder gozar destes filmes, poderemos descubrir como impactou o antigo cineclube Nosferatu na cultura  cinematográfica da vila.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>