O Concello de Verín visita as instalacións provisionais do cuartel da Garda Civil |
Martes, 20 Agosto 2024 17:17 |
O alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, xunto con varios membros do goberno municipal, visitaron as instalacións provisionais do cuartel da Garda Civil, situadas na primeira planta da vella praza de abastos. Acompañaron ao subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, entre outras autoridades comarcais e mandos da Garda Civil. As novas instalacións provisionais acollen á Compañía de Verín mentres se levan a cabo importantes traballos de renovación no cuartel actual. O proxecto de renovación prevé unha completa reestruturación do bloque I, que será reformado para albergar 21 novas vivendas. Ademais, os tres bloques restantes serán derrubados e substituídos por un único edificio de tres plantas e un soto, que concentrará todas as dependencias da Compañía de Verín, agás o Destacamento de Tráfico. O proxecto tamén inclúe a creación de áreas axardinadas no exterior do novo edificio. Esta actuación conta cun investimento base de 6.310.604,58 €, unha inversión que ten como obxectivo mellorar a eficacia que presta a Garda Civil. A renovación das súas instalacións e recursos permite optimizar o traballo dos axentes e intervir na seguridade dos cidadáns. Este importante proxecto non só mellorará as condicións de traballo dos membros da Garda Civil, senón que tamén suporá unha mellora significativa no entorno urbano de Verín. |