Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Diferentes actividades culturais marcan o mes de agosto na Ludoteca e Campamento Urbano de Verín
Diferentes actividades culturais marcan o mes de agosto na Ludoteca e Campamento Urbano de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 31 Xullo 2024 12:29

O Concello de Verín, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil da área de Benestar Social, anuncia o programa de actividades para agosto do servizo de Ludoteca (3 a 10 anos) e Campamento Urbano (11 a 15 anos).

O programa comeza o xoves 1 de agosto coas Xornadas Culturais NE da Banda de Gaitas Nova Era, nas que rapaces de 8 a 12 anos poderán participar en diferentes xogos populares relacionados coa música tradicional.

Os días 6 e 7 de agosto, os nenos asistirán ao "Gran Circo" na Carpa da Escola de Circo en Queizás. O martes, estará dedicado aos pequenos de 3 a 7 anos, que desfrutarán de Mr. Brandan, un cómico galego que mestura maxia, música e comedia para facer rir aos nenos.

Os nenos de 8 a 15 anos, verán, o día 7, artistas gañadores do festival internacional do circo de Montecarlo e do "Circus Krone" de Alemaña, que ofrecerán unha exhibición con taller de acrobacias, funambulismo, malabares e moito máis.

As dúas excursións serán os días 23 e 30 de agosto. Na primeira, os nenos visitarán a Praia de Coiñedo en A Veiga, onde poderán participar en actividades acuáticas como piragüismo, paddle surf e esquí acuático. A segunda excursión será ao Parque de Atraccións de Magikland en Penafiel, Portugal, que ofrece seis áreas temáticas con trens, norias, carruseis, tirolinas, montaña rusa, espectáculos e piscinas, garantindo unha xornada chea de diversión.

Estas actividades están deseñadas para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo estival dos nenos e nenas de 3 a 15 anos.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>