Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín dará inicio a Batucada cun Desfile Infantil protagonizado por os nenos e nenas da Ludoteca
Verín dará inicio a Batucada cun Desfile Infantil protagonizado por os nenos e nenas da Ludoteca PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 24 Xullo 2024 12:58

Este venres 26 de xullo, os nenos e nenas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín desfilarán polas rúas da vila no "Desfile da Ludobatucada", dando a benvida a Batucada 2024. A actividade, que este ano xira arredor da temática "doces", fará a súa saída ás 11:00 horas dende o edificio de educación infantil do CEIP Amaro Refojo de Verín “Módulos”.

Este ano, os nenos e nenas que participen no desfile realizarán unha colorida e festiva representación de diversos tipos de doces e lambetadas como caramelos, pasteis, xeados e outros doces, enchendo as rúas da vila de alegría e cor.

Os pequenos desfilarán cara á Praza do Concello para realizar unha foto con todos os participantes, incluíndo os integrantes de Portas Abertas e os alumnos do colexio de Castrelo do Val. Este momento será seguido por actuacións de baile a cargo de varios grupos de nenos e nenas, que amosarán as súas habilidades e o traballo en equipo desenvolvido ao longo do campamento.

Unha vez finalizados os bailes, dará comezo o percorrido circular que partirá da Praza do Concello e pasará pola Rúa Laureano Peláez, Praza da Mercé, Rúa da Cruz e Praza García Barbón. A música e o baile continuarán a acompañar aos participantes ata rematar na tradicional "Festa Infantil da Ludoteca" no CEIP Amaro Refojo.

Este evento non só dá inicio a Batucada 2024, senón que proporciona unha forma de diversión para os nenos e nenas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>