Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV enche Verín de música diversa durante a semana do festival
O FIC Vía XIV enche Verín de música diversa durante a semana do festival PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Xullo 2024 14:47

O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV trae un ano máis unha chea de concertos de estilos variados a Verín,  seguindo a filosofía de mesturar o cinema con outras disciplinas artísticas, así como tamén sacar o FIC á rúa. Este ano,  pasaran pola vila a londinense afincada en Coruña, Sophie Simonds, a banda de folk emerxente Kedirán, e Mr. Cool, unha  cara xa coñecida no festival e que poñerá o broche final. Todos os concertos serán no exterior do auditorio, agás  adversidades meteorolóxicas, que se trasladará para o hall do mesmo.

Kediran será o grupo que comece poñéndolle banda sonora ao FIC. O concerto deste trío emerxente realizarase o venres 30 de agosto. O grupo Kedirán nace no inverno de 2023 das raíces do tradicional galego, mais tamén conta con influencias  balcánicas, do mediterráneo e do norte da península, froito das diferentes vivencias do compositor Daniel Pazos no lustro  que pasou como nómada por Europa. Con este proxecto musical preten facer unha labor de recuperación dos sons  tradicionais dende unha perspectiva contemporánea e radicalmente diferente a todo o panorama musical galego actual.  Este proxecto ten como obxectivo último aúnar dous mundos: música e circo nun espectáculo único que non deixará a  ninguén indiferente.

Pola súa banda, Sophie Simonds actuará co seu saxofón o día 31. Esta artista londinense afincada na Coruña defínese como  multinstrumentista, compositora e directora creativa. Utiliza a música, di, para concienciar sobre diferentes realidades  sociais. Sophie Simonds, ademais de tocar durante varios anos nas rúas da Coruña, fala abertamente das súas  discapacidades e da súa realidade como persoa do colectivo LGTBIQ+, utilizando o seu altofalante como artista para  concienciar sobre a diversidade.

O venres 6 é o turno de Diego Castro que, despois de vintecinco anos adicándose á música de xeito profesional en infinidade de formacións, lanza o seu primeiro proxecto en solitario cun estilo moi persoal que fusiona a música de raíz norteamericana e galega. Letras comprometidas e intimistas e un blues acústico e cru completan a mestura, que nace con vocación de levar estas cancións a todos o recunchos do país. Acompañado da súa banda ao completo, ofrecerá ao público do FIC Vía XIV unha descarga de enerxía que fará vibrar e bailar a todas as persoas asistentes.

O sábado 7, como broche de peche trala Gala final, a veciñanza de Verín poderá gozar do concerto de Mr. Cool. Debaixo deste  nome, escóndese o guitarrista, cantante e actor Ramon Orencio, Mon, que leva anos adicándose a música en diferentes  proxectos e que repite no FIC Vía XIV na súa noite de peche.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>