Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Cinema e Memoria: O discurso de Humberto Delgado en Foco no FIC VIA XIV
Cinema e Memoria: O discurso de Humberto Delgado en Foco no FIC VIA XIV PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Xullo 2024 11:01

Con motivo do 50 aniversario da Revolución dos Cravos (25 de abril), o FIC VIA XIV pon o foco este ano nun dos fitos que contribuíron ao cambio de pensamento da sociedade portuguesa. Foi o célebre discurso de Humberto Delgado proferido no Cine-Teatro de Chaves, no que o denominado "Xeneral sen Medo" pronunciaría as palabras «Estou pronto para morrer pola liberdade» que se converterían en profecía pouco tempo despois, precisamente, a este lado da fronteira. Esta disertación, que se presenta como unha peza fundamental para comprender dita revolución, será o eixo da nosa exploración sobre como os excesos do réxime foron progresivamente quebrando a ditadura desde dentro, e como estas accións influíron na culminación revolucionaria.

Para afondar nesta idea, o certame proxectará dous filmes de linguaxe e estética narrativa non convencional. Durante esta actividade, Rubén Sevivas, actor e cineasta de Chaves, presentará a súa curtametraxe “Direito a Memoria”. Nela, achéganos a un dos discursos máis descoñecidos contra a ditadura en Portugal, que tivo lugar a tan só 20 minutos de Verín, na veciña localidade de Chaves. No filme, Rubén Sevivas narra a historia do Xeneral Sen Medo (Humberto Delgado), quen se opuxo ao réxime de Salazar e acabou sendo asasinado a mans da policía portuguesa en territorio español.

O policía en cuestión foi Rosa Casaco, a quen coñeceremos na seguinte proxección: “O Casaco Rosa”, de Mónica Santos. Esta película-musical política fálanos dun abrigo rosa que sae do armario e transforma o taller de costura nunha sala de tortura de maneira metafórica.

O Xeneral Sen Medo e o seu Papel como catalizador da revolución

O discurso de Humberto Delgado na cidade de Chaves tivo unha importancia fundamental na historia da Revolución dos Cravos e no cambio de pensamento da sociedade portuguesa. Delgado, coñecido como o "Xeneral Sen Medo", foi unha figura crucial na oposición ao réxime ditatorial de Salazar en Portugal. O seu discurso en Chaves destacou pola súa valentía e polo seu chamado á liberdade e á democracia, inspirando a moitos portugueses a cuestionar o réxime opresivo no que vivían.


Este discurso serviu como un catalizador para o movemento revolucionario que culminaría na Revolución dos Cravos o 25 de abril de 1974. Ao falar abertamente contra a ditadura e defender os dereitos e liberdades do pobo, Delgado non só puxo en evidencia os excesos e as inxustizas do réxime, senón que tamén ofreceu unha visión de esperanza e cambio que resoou profundamente entre a poboación. As súas palabras cruzaron fronteiras, tanto físicas como ideolóxicas, rompendo o medo imposto polo réxime e pavimentando o camiño cara á transición pacífica e á instauración da democracia en Portugal.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>