Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas "Saúde mental en perspectiva: A Exposición “Os ollos da mente” acompañará ao espectáculo “Neura"
"Saúde mental en perspectiva: A Exposición “Os ollos da mente” acompañará ao espectáculo “Neura" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Abril 2024 10:37

Mañá martes 30 de Abril, e como complemento ao espectáculo de “Neura”, terá lugar no Auditorio Municipal a exposición "Os ollos da mente". A mostra consta dunha serie de máis de oito pezas escultóricas da artista ourensá afincada en Suíza, MJ Domínguez, que teñen como fío condutor a saúde mental.


A idea é que o público de “Neura” teña, antes ou despois de asistir ao espectáculo, outra visión artística arredor do tema que tratamos. Cuestións análogas vistas con diferente sensibilidade e distintos materiais.

A exposición quedará instalada horas antes da representación e será recollida ao finalizar a desmontaxe da escenografía. Cada peza contará cun panel explicativo co enfoque da artista e estará acompañada de elementos interactivos que faciliten a inmersión do espectador.

MJ Domínguez, de TerraSabi Atelier Creation, ten unha longa traxectoria con exposicións individuais no seu país de adopción. A súa obra inspírase nos principios do “wabi sabi” xaponés, derivado da filosofía budista zen. Unha estética que celebra a beleza da Imperfección, a harmonía que reside na natureza, na serenidade e na plenitude. Un concepto que mestura o estético co espiritual.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>