Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Dez colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín
Dez colectivos participarán na exhibición dos Maios tradicionais en Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 27 Abril 2024 09:53

O mércores 1 de maio, como vén sendo habitual desde os anos oitenta, a praza da Alameda de Verín acollerá a tradicional Festa dos Maio, cun total de 10 esculturas efémeras. Este ano, a Praza García Barbón acollerá tamén unha nova edición da Feira Solidaria que contará coa participación de entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios.


Festa dos Maios

Desde as 10:30 horas, e até as 20:00 horas, está prevista a exhibición dos maios tradicionais e artísticos confeccionados polo polo CEIP Amaro Refojo, CEIP Princesa de España, que presentará ademais do maio do centro un maio infantil; CRA Monterrei, con maio do centro e maio infantil; Colexio Plurilingüe María Inmaculada; IES Xesús Taboada Chivite; Asociación Cultural de Música Tradicional Monterrei, Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, Asociación Verinense de Amigos da Música, ANPA do Conservatorio de Música de Verín e Centro de Día Solleira.

Ás 11:00 horas, a Banda de Gaitas do Concello de Verín realizará un pasarrúas desde Praza do Concello ata a Alameda. Posteriormente,  ás 11:30 horas, a Banda de Música do Concello de Verín fará outro pasarrúas que partirá desde a Praza do Rei. Ambas agrupacións musicais rematarán na Alameda ás 12:00 horas, dando paso ao un concerto conxunto.

Desde as 11:00 horas da mañá estarán á venda as coplas do Certame Enrique Gómez Pato, editadas polo Concello de Verín. O exemplar venderase a 1 euro. O diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinaranse ao financiamento do programa de atención ás necesidades da infancia na Franxa de Gaza que promove Save The Children.

A copla que editará o Concello de Verín contará coa colaboración de once centros de ensino, asociacións e institucións que desenvolven as súas actividades no municipio de Verín ou en concellos da comarca. Os colexios e institutos que se adheriron á convocatoria foron o CEIP Princesa de España, o CEIP Plurilingüe Amaro Refojo, o CRA Monterrei, o Colexio Apostólico Mercedario, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada e o IES Xesús Taboada Chivite. Do tecido asociativo, os colaboradores serán a Asociación Cultural de Música Tradicional Monterrei, a Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, a Asociación Verinense de Amigos da Música e a ANPA do Conservatorio de Música de Verín. O Centro de Día Solleira participa tamén nesta edición a favor de Save The Children

A Festa dos Maios recuperouna en Verín Enrique Gómez Pato a comezos da década dos cincuenta. “O Pato”, coa colaboración dos seus fillos, e, anos máis tarde, a Asociación Cultural Os Choupos e o Movimiento Junior foron os continuadores desta exaltación da primavera en esculturas efémeras e de crítica social dos acontecementos locais ou externos en verso rimado. No segundo goberno municipal democrático, no primeiro quinquenio dos oitenta, a festa viuse reforzada, con subvencións a Maios e coplas feitos por asociacións, colexios e institutos; aliciente gastronómico e actividades paralelas.

Feira Solidaria

A Praza Maior acollerá tamén o vindeiro luns 1 de maio unha nova edición da Feira Solidaria, organizada polo Concello de Verín. Esta iniciativa, que pretende poñer en valor o labor das asociacións sen ánimo de lucro participantes, contará coa participación de entidades, que ofrecerán todo tipo de produtos e/ou servizos con fins solidarios.

Entre os obxectivos da Feira Solidaria atópanse: recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei, proporcionar información sobre as distintas asociacións que participan no evento e dos servizos que ofrecen e conseguir apoio económico para poder seguir levando a cabo os seus  proxectos e actividades e a creación dun marco de cooperación común  entre os seus organizadores e colaboradores. A Feira Solidaria abrirá ao público a partir das 10:00 horas.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>