Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín presenta a proxecto de implantación dos biorresiduos
O Concello de Verín presenta a proxecto de implantación dos biorresiduos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Febreiro 2024 12:16

Onte ás 20:00, na Casa da Cultura, o Concello de Verín presentou á veciñanza e ao tecido empresaria o proxectos para mellorar a xestión dos biorresidous no municipio. Un experto na materia explicou o contido da bolsa da lixo na que os restos de comida son case a metade do peso da mesma. O proxecto en marcha do Concello de Verín intenta eliminar esta fracción orgánica do colector do resto.


O acto contou coa presenza de Manuel Lorenzo, concelleiro de Xuventude, Feiras e Transportes e Julio Viéitez, concelleiro de Xardíns, Obras e Servizos Públicos

 Destacouse que a colaboración cidadá e imprescindible para ó éxito desta iniciativa. Ofrécese con isto distintas vantaxes para o medio ambiente, como baixar a pegada de carbono do servizo municipal de recollida de residuos ou obter dos residuos un produto, o compost, que aporta nutrientes para o chan. Ademais, o éxito da campaña ten tamén como obxectivo a longo prazo baixar os custes de xestión dos residuos.

No rural, apostarase pola autoxestión da materia orgánica, fomentando a compostaxe doméstica. As persoas recibiran un composteiro, un manual e un aireador ademais de formación e seguimento. O material entregarase en un acto formativo e tras uns meses visitaranse as casas cos mestres composteiros. O único requisito é ter unha zona verde na casa de mais de 50 metros cadrados.

Doutra banda, no ámbito urbano, engadirase un novo contedor aos xa existentes na rúa, o contedor marrón. Este contedor, dedicado exclusivamente aos residuos orgánicos, presentará a peculiaridade de ter fechadura, polo que os veciños e veciñas que queiran participar na devandita iniciativa, deberán solicitar a súa tarxeta identificativa que terán xunto a un caldeiro, un paquete de bolsas compostables e unha guía. Desta forma, preténdese mellorar a separación dos residuos, facilitando a súa reciclaxe.

Tamén cabe destacar o importante papel que representan os grandes produtores, polo que, de cara a que o proxecto sexa un éxito, recibiran, de balde, asesoramento e medios para levar a cabo esta transición.

Xa é posible apuntarse a estas iniciativas, tanto para o rural como para o urbano,  a través da páxina web https://verin.rsu.gal/

Esta iniciativa, conta co apoio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e coa cofinanciación da Unión Europea a través do Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>