Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín presentará as iniciativas para mellorar a xestión dos biorresiduos
O Concello de Verín presentará as iniciativas para mellorar a xestión dos biorresiduos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Febreiro 2024 11:57

Compostaxe O xoves 22 de febreiro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura, o Concello de Verín convida á veciñanza e ao tecido empresarial, en especial á hostalaría e grandes produtores de residuos orgánicos, a coñecer de primeira man os proxectos para mellorar a xestión dos biorresidous no municipio.

Por unha banda, no ámbito rural, apostarase pola autoxestión da materia orgánica, fomentando a compostaxe doméstica.Doutra banda, no ámbito urbano, engadirase un novo contedor aos xa existentes na rúa, o contedor marrón. Este contedor, dedicado exclusivamente aos residuos orgánicos, presentará a peculiaridade de ter fechadura, polo que os veciños e veciñas que queiran participar na devandita iniciativa, deberán solicitar a súa tarxeta identificativa. Desta forma, preténdese mellorar a separación dos residuos, facilitando a súa reciclaxe.Tamén cabe destacar o importante papel que representan os grandes produtores, polo que, de cara a que o proxecto sexa un éxito, recibiran, de balde, asesoramento e medios para levar a cabo esta transición.As iniciativas, contan co apoio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>