Descobre a maxia do Nadal en Verín cunha programación repleta de actividades para toda a familia |
Mércores, 13 Decembro 2023 18:48 |
A vila de Verín prepárase para celebrar unhas festividades cheas de maxia, ledicia e entretemento coa súa completa e variada programación de Nadal completa. Desde feiras e obradoiros temáticos ata concertos, pasando por actividades infantís, eventos deportivos, accións de dinamización do comercio local ou teatro. Una vintena de actividades multicartel para todos os gustos e idades. Desde o Concello convidamos á nosa comunidade a mergullarse na alegría destas festividades e desfrutar xuntos de momentos inesquecíbeis», salientou a Concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira. Programa completo:
Ata o 27 de decembro CAMPAÑA COMERCIAL “OS 6000 DE VERÍN” DE AEVER A campaña "Os 6.000 de Verín”, que busca incentivar as compras en Nadal, estará en funcionamento ata o 27 de decembro. O sorteo terá lugar o 28 de decembro. Os clientes deberán cubrir as papeletas polas compras realizadas e introducilas nas caixas de correos dalgún dos 110 locais participantes. Os premiados poderán trocar os cheques por compras ata o día 5 de xaneiro de 2023. Máis info en: https://ccaverin.com/ Organiza Aever Verín. Colabora Concello de Verín.
Desde 22 decembro ao 5 de xaneiro LUDONADAL Pavillón Municipal de Deportes, de luns a venres, de 09,00 horas ata as 14,00 horas, e dende as 16,00 horas ata as 20,00 horas. Sábados, de 09:00 a 14:00 h. Servizo municipal de ludoteca dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. O obxecto desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. Máis información: Oficina Municipal de Información Xuvenil, (Casa da Xuventude), T. 988 414 776. Organiza: Concello de Verín.
Do 8 de decembro ao 6 de xaneiro BELÉN DA VIRUCA Salón parroquial da Igrexa Santa María a Maior. De luns a venres polas tardes e fins de semana en horario de mañá e tarde. O tradicional Belén da Viruca é un dos máis emblemáticos do sur da provincia de Ourense. Inclúe decenas de figuras artesanais, moitas delas móbiles e unha infinidade de escenas típicas da tradición relixiosa e galega, sen esquecer aspectos de actualidade. Organiza: Viruca. Colabora: Uap Verín.
16 de decembro | GALA DE XIMNASIA RÍTMICA Pavillón Municipal de Deportes, 11.00 h. A Escola de Ximnasia Rítmica dependente da área de Deportes do Concello de Verín, convídanos á exhibición, que con motivo das festas do Nadal realizarán as alumnas de Ximnasia Rítmica. Un espectáculo que fará que pequenos e adultos poidan gozar dunha magnifica exhibición deportiva. Organiza: Concello de Verín.
16 de decembro GALA TODO FITNESS Auditorio de Verín, 18.00 h. Gala de Nadal de fin de tempada na que se fará un percorrido polas actividades artísticas e deportivas que levan a cabo durante o ano. Organiza: Todo Fitness. Colabora: Concello de Verín.
17 de decembro OBRADOIRO DE CORONAS FLORAIS Pavillón Municipal de Verín, de 16:00 a 20:00 h. Obradoiro temático de Nadal organizado en colaboración coas florerías de Verín; realizándose esta primeira edición na floraría Lirios. A iniciativa busca non só celebrar a temporada festiva elaborando os nosos propios adornos, senón tamén dinamizar o comercio local. Inscrición 20 euros, no propio establecemento Lirios. Organiza: Concello de Verín. Colaboran: Florerías de Verín.
20 de decembro GALA DA ESCOLA DE TEATRO KOTODAMA Salón de Actos da Casa da Cultura. 20:00 h. A escola de teatro Kotodama celebra a súa gala de Nadal presentando actuacións tanto do grupo infantil como do grupo de adultos. Os adultos ofrecerán exercicios de expresión corporal e improvisación, mentres que o grupo infantil representará unha obra que narra a historia dunha familia que intenta preservar a maxia do Nadal para os máis pequenos a pesar das adversidades. Entrada solidaria, a vontade. Organiza: Teatro Kotodama. Colabora: Concello de Verín.
21 de decembro CONCERTO CMUS DE NADAL Auditorio Municipal de Verín, 20:00 h. Actuación de alumnas e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín con repertorio clásico e de do Nadal. Neste concerto actuará o alumnado de todas as especialidades do conservatorio así como a Orquestra Infantil, o Coro e a Banda de Música. Organiza: CMUS Verín.
22 de decembro ANIMACIÓN MUSICAL A CARGO DA BANDA DO CONSERVATORIO DE VERÍN Prazas de Verín, 17:00 h. Organiza: CMUS Concello de Verín. Colabora: Concello de Verín.
22 de decembro CONCERTO FAMILIAR “UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA” Auditorio Municipal de Verín, 17:30 h. Entrada de balde. “Uxía Lambona e a Banda Molona” recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro"; facendo un percorrido por outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango. Organiza: Concello de Verín.
24 de decembro PASARRÚAS TEMÁTICOS DE AEVER Rúas de Verín. Apertura do comercio local. Pasarrúas coa participación de Papa Noel, música temática e reparto de caramelos. Actividade de Dinamización do Comercio Local. Organiza: AEVER.
27 de decembro MUSICAL INFANTIL | “LA SIRENITA” Auditorio Municipal de Verín, 18:00 h. Entrada 15 euros Emocionante adaptación teatral do clásico conto de fadas de Hans Christian Andersen. A historia desenvólvese nun colorido e máxico mundo submarino onde Ariel, unha xove e curiosa serea, soña con explorar o mundo da superficie e experimentar a vida fóra do océano. Organiza: MM Producións. Colabora: Concello de Verín.
28 de decembro CONCERTO INFANTIL “MAGIC SONGS” DA BANDA MÚSICA DO CONSERVATORIO DE VERÍN Auditorio Municipal de Verín, 19:30 h. ¡Vive un espectáculo escénico musical inesquecible en familia! A Banda de Música do Conservatorio realizará un emocionante percorrido a través das bandas sonoras máis emblemáticas de Disney e outros recoñecidos temas infantís. O evento estará presentado polo actor Toni Salgado e contará coa visita dalgúns dos máis entrañables personaxes Disney, como Mickey, Minnie, Donald, Pluto ou Goofy; cos que se poderán fotografar os máis pequenos da casa. Organiza: CMUS Verín Colabora: Concello de Verín.
29 de decembro TEATRO | “TIZA”, LA CAJA DE PANDORA Auditorio Municipal de Verín, 19:00 horas. Entrada 5 euros Un matrimonio feliz elixe colexio para o seu retoño, convencidos de que é un xenio e fará grandes cousas na vida. Tres años de preescolar, seis de primaria pasarán factura .“Tiza”, fala de pais, profes, deberes, extraescolares, horarios, agobios e por riba o neno que non pronuncia o R chámase Roberto Revuelta Romo... Organiza: La Caja de Pandora.
31 de decembro PANXOLIÑAS NA RESIDENCIA DE ANCIÁNS - CORAL DE VERÍN Residencia de anciáns Santa María, 10:00 h. Organiza: Coral de Verín. Colabora: Concello de Verín.
3 de xaneiro GALA DE NADAL DE AEVER Pavillón dos Deportes, 17:30 h. Gala familiar de Nadal con humor, maxia e música. Organiza: AEVER Verín. Colabora: Concello de Verín.
4 de xaneiro ESPECTÁCULO INFANTIL Pavillón dos Deportes, 17:30 h. Organiza: Concello de Verín.
4 de xaneiro VISITA DOS REIS MAGOS A RESIDENCIA DE ANCIÁNS SANTA MARÍA E A O HOSPITAL DE VERÍN Organiza: Concello de Verín.
5 de xaneiro GRAN CABALGATA DOS REIS MAGOS A partir das 18:00 h. Saída San Lázaro e chegada a Praza do Concello. As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello. Organiza: Concello de Verín. |