Aberto o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2023 |
Luns, 30 Outubro 2023 10:35 |
Os días 8, 9 e 10 de decembro, o Concello de Verín organiza na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.
Todos os expositores interesados en instalar unha caseta na feira xa poden formalizar a súa inscrición atendendo as seguintes condicións de participación:
- Días: 8, 9 e 10 de decembro. - Horario da feira: o Venres: de 16:00 a 20:00 horas o Sábado e Domingo: de 11.00 a 14:00 e de 16:00 a 20.00 h. - Ubicación: Praza Maior de Verín. - Teléfono información: 988 410 000 - Cota de participación: 45 euros (pagando en efectivo na Tesourería do Concello de Verín ou por transferencia bancaria, Nº conta bancaria: ES11-2080-3567-6230-4000-1312 (ABANCA) - As candidaturas deberán ser formalizadas entre o 1 e o 20 de novembro de 2023. - A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios ou recibís de pago en efectivo entregaranse por un dos seguintes medios:
a) No Rexistro do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial (Praza do Concello s/n), no rexistro. b) Por Sede Electrónica do Concello de Verín: https://verin.sedelectronica.gal.
- A temática dista Feira é de Nadal, polo cal os participantes deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto e decoración do seu stand. - A organización resérvase o dereito a non incluír as inscricións que non cumpran coa temática desta feira - Os expositores deberán amosar e comprometerse con produtos ambientados na temática de Nadal. Elaborando cestas de Nadal e embalaxes, luces, envases, envoltorios típicos do nadal. Posibilidade de complementar o produto con produtos típicos nesta época. A organización está aberta a propostas e ideas que teñan os participantes para os seus stands. - Dada a limitación de espazo para expor os produtos, realízase a asignación de posto por selección temática. É importante unha vez seleccionado o candidato realizará o pagamento no prazo máximo de 5 días. - A Inscrición será efectiva unha vez realizado o pagamento en prazo, tras ser aceptada a candidatura pola organización. - Os participantes traerán os seus taboleiros e mobiliario necesario para expor os seus produtos - Permítese a degustación de produto de Nadal. - A decoración de Nadal do stand e do mobiliario corre a cargo do expositor. - Importante manter a limpeza dentro do stand tal cal se entrega o primeiro día. - A carga e descarga de mercancía realizarase dun xeito organizado, sen interromper a resto de expositores, viandantes, resto de coches, etc. Mantendo libre os vados e aparcamentos. Realizándoo antes e despois dos horarios de apertura e peche da feira. - Os/As participantes son responsables dos produtos vendidos e da súa calidade e serán obrigados a indemnizar a calquera comprador/a que lles vendan produtos sen calidade. - A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento. - A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización. - É obrigatoria a presenza dunha persoa mínimo no respectivo stand, 5 minutos antes da hora de apertura ata a hora de peche ou ampliación de horario por afluencia de público. - O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do espazo. - O participante comprométese a participar durante os tres días de feira, así como durante toda a xornada nos horarios indicados. - Calquera incidencia ou suxerencia será posta en coñecemento. Descarga aquí a folla de inscrición: |