"Extruga na Rúa: Tres Días de Música e Arte Urbano para Celebrar o seu Quinto Aniversario en Verín" |
Luns, 14 Agosto 2023 11:35 |
A vila de Verín está a piques de vivir con entusiasmo e fervor a quinta edición do xa clásico festival urbano, Extruga na Rúa. Este ano, o evento chega cun cartel de primeiro nivel encabezado pola emblemática banda de reggae Green Valley e co destacado rapeiro Elio Toffana, acompañados dun elenco de talentosos artistas como HUDA, Mondra, Another Wasted Year, Overdose, Burgas, Twentyfour Seven’s, DJ PIKI e Deriva. Así o confirmaron esta mañá os organizadores, Hugo Salgado, Iris Justo e Antonio Álvarez quen acompañados da concelleira de Cultura e Festexos, Samanta Barreira e do tenente de alcalde, Diego Lourenzo presentaron ante os medios o programación do evento Durante tres emocionantes xornadas, os lugares máis emblemáticos de Verín converteranse en escenarios de infinidade de actividades. A Praia Fluvial, A Preguiza e o Skatepark acollerán a celebración do 25 ao 27 de agosto. Ademais dos vibrantes concertos, o festival ofrecerá un abano de actividades que van desde Slidepool na praia fluvial ata talleres de breakdance na Praza Maior de Verín. Como cada ano, a Batalla de Gallos promete un enfrontamento de mcs talentosos nun duelo verbal pola coroa de mellor freestyler. Os amantes do teatro terán a oportunidade de participar nun envolvente obradoiro impartido por Kotodama, mentres que a Liga Xunta Break de Galicia, organizada por Vella Escola, promete momentos emocionantes de competición. Coa diversidade e o talento nacional como enfoque, a iniciativa Batalla de Promesas dará oportunidade a numerosos artistas de todo o territorio para amosar a súa paixón e habilidades sobre o escenario. O domingo, o Skatepark converterase nun epicentro deportivo co emocionante encontro de BMX e scooters, que culminará cun electrizante concerto de Deriva, cuxo membro local engadirá un toque especial á xornada. "Extruga na Rúa, explicou Samanta Barreira, «é un evento único que destaca pola súa diversidade artística e enerxía contaxiante. Estamos entusiasmados de celebrar o quinto aniversario deste festival que continúa a enriquecer a nosa comunidade coa súa música, baile e creatividade». Pola súa banda, o tenente de alcalde Diego Lourenzo Moura. Quixo agradecer «o gran esforzo realizado polos seus organizadores para lograr darlle vida a este evento» e invitou a veciños e visitantes a unirse á festa «e vivir momentos inesquecibles en Verín este agosto». Programa do Festival VENRES 25 DE AGOSTO Praia Fluvial
A Preguiza
SÁBADO 26 DE AGOSTO Praza Maior
A Preguiza
DOMINGO 27 DE AGOSTO Skatepark
|